Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Comisión Coordinadora de Asociaciones Provinciales y Agrupaciones Comarcales de Técnicos Auxiliares y Ayudantes de Farmacia de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 21 de maio de 2001, a acta da asemblea xeral extraordinaria da Comisión Coordinadora de Asociaciones Provinciales de Auxiliares y Ayudantes de Farmacia de Galicia, que tivo lugar o día 10 de marzo de 2001, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na dita asemblea referente á modificación dos estatutos.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais