Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 03 de xullo de 2001 Páx. 8.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 14 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se lles notifica ós interesados o acordo de inicio do expediente de cancelación da inscrición da Asociación Andeportes-Lugo no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais.

Por resultar descoñecido o domicilio do representante legal da Asociación Andeportes-Lugo, con CIF G-27101047, inscrita no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais co número S-63, notifícaselles ós interesados, de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o acordo do inicio do expediente de cancelación da inscrición da devandita entidade por non acredita-la realización de actividades de servicios sociais no período de tres anos, en aplicación do disposto no artigo 7.1º do Decreto 291/1995, do 26 de novembro.

Concédese un prazo de dez días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula, para alegar por escrito o que se consideren conveniente e, se é o caso, achegar ou propoñer probas. Transcorrido o devandito prazo procederase a dicta-la resolución oportuna.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2001.

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais