Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación do concurso aberto da obra de tratamento exterior de fachadas na marxe dereita do río Pontiñas e traseiras rúa da Ponte 2ª fase. Para o efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expón xunto con este edicto polo prazo de catro días

para reclamacións e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

Obxecto: tratamento exterior de fachadas na marxe dereita do río Pontiñas e traseiras rúa da Ponte 2ª fase.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 4, categoría D.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG, en horas de nove ás catorce e na forma establecida no prego de condicións. Se fose festivo, rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 25 de maio de 2001.

José Crespo Iglesias

Alcalde