Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO do 18 de xuño de 2001, do Padroado Local da Festa do Marisco e Turismo do Grove, dunha licitación.

1. Entidade adxudicadora: Padroado Local da Festa do Marisco e Turismo do Grove.

2. Obxecto do contrato: aluguer dos toldos para a Festa do Marisco dos anos 2001, 2002, 2003 e

2004. Lugar de entrega: Praza do Corgo, 1, O Grove. Prazo de entrega: o día 2 de outubro de cada exercicio que comprende o obxecto do contrato.

3. Tramitación: procedemento: aberto, forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 2.500.000 pesetas (15.025 euros).

5. Garantías: provisional: 100.000 pesetas. Definitiva: 4 por 100 do prezo total de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove, Praza do Corgo, 1, 36980 O Grove (Pontevedra), tfno./fax: 981 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante 14 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP e no DOG, de 9 a 14 horas.

-Documentación: a establecida na cláusula 10 do prego de condicións.

-Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.

-Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses.

-Admisión de variantes: admítense variantes conforme os criterios de adxudicación establecidos na base 12 do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 3º día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.

10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse ó público o prego de condicións, por prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP, aprazándose aquela se se producen reclamacións contra o dito prego.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 18 de xuño de 2001.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde