Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (1/2000 P.R. polígono H8.01).

A Comisión de Goberno, en sesión do día 4 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de reparcelación relativo ó polígono H8.01 Gaiteira I (texto refundido 2).

A dita aprobación implica a da conta de liquidación provisional nel contida, da que se xunta copia e da cal resultan os seguintes saldos deudores para as parcelas resultantes:

Parc.AdxudicatarioCarga financeira

F1Antonio e Julio Álvarez Conchado, S.A. (A 15346216)6.056.600 pesetas

F2Mosquera y Rama Promocións, S.L. (B 15640857)

Promocións Pedro Rama e Fillos, S.L. (B 115495013)

1.331.838 pesetas

1.331.839 pesetas

F3Indeterminado1.809.968 pesetas

Segundo.-Formaliza-la cesión ó concello, en pleno dominio e libre de cargas, da parcela sinalada no PGMO como VL POL H8.01, denominada predio resultante F4 no proxecto de reparcelación, para o seu destino a vía pública.

A dita parcela descríbese como segue: urbana destinada a vía pública. Figura no plan xeral coa denominación de VL POL H8.01. Ten unha superficie de 244,12 m. Linda ó norte en liña quebrada de 61 m con predios resultantes números F1, F'' e F3 do mesmo polígono; ó sur, en liña quebrada de 60 m coa rúa da Gaiteira; ó leste en liña quebrada de 6,5 m coa rúa Gaiteira e ó oeste en liña quebrada de 11,8 m coa intersección das rúas Gaiteira, Posse e Puente.

Terceiro.-Incluír no inventario de bens inmobles a citada parcela VL POL H8.01 para o seu destino a vía pública.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que, contra o punto primeiro do acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 15 de maio de 2001.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo