Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores 564/2000-I e cinco máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do expediente sancionador por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 14 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2000, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 1 de xuño de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo

coñecido

Feito

denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

564/2000-IValentín Quintas Casas

72.162.148

Areta nº 4-5ª

Llodio-Álava

Abandono de vehículo M-0436-JTArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

709/2000-IJosé Luis Vázquez López

76.701.341

Xermeade-MuíñosAbandono de vehículo matrícula OR-1348-CArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

408/2000-IMaría Conde López

76.691.856

Prada-MacedaAbandono de vehículo OR-14605Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

410/2000-IManuel y Antonio Prieto, S.A.Progreso 139

32350 A Rúa

Abandono de vehículo OR-7435-HArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

389/2000-IAntonio Casimiro Pinto Coelho

34.956.461

Avda. Ourense nº 90

Xinzo de Limia

Abandono de vehículo OR-7899-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

731/2000-IMartínez Hermanos, S.A.

A-32005050

Carballeda de AviaAbandono de vehículo OR-24388Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000