Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 318/2001.

Ó non ser atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderá exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo a resolución nesta delegación provincial todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 318/2001.

Acta inf. nº 36/2001.

Empresa: Asador Coruña, S.L.

NIF/DNI: B-15.600.828.

Enderezo: Tte. Gómez Zamalloa (A Coruña).

Materia: traballo.

Proposta de sanción: 100.000 pesetas.

Documentos que constan nos expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes da notificación.

A Coruña, 15 de xuño de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña