Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 855/2000 e 58/2001.

Ó non ser atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

A Coruña, 15 de xuño de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Exp. nºActa nºTitularNIF/DNIEnderezoMateriaData res.Sanción

855/20001458/2000Bingo Fontiñas, S.A.A-15.561.905Centro Comercial As Fontiñas,

Santiago de Compostela

Traballo19-4-2001200.000 pesetas

58/20011624/2000Puerta Fácil Baliasa, S.L.B-15.620.867Vilaño-Amboade, A LarachaSeguridade

e hixiene

22-5-2001500.200 pesetas