Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 25 de maio de 2001 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea D.L. II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea D.L. II, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecendentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito con data do 18-1-2001, Gabriel Fernández Somoza solicitou autorización para transmisión da concesión da batea D.L. II.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais nor

mas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Manuela Fernández Sánchez (DNI/NIF 33221695N), da concesión administrativa do viveiro que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: D.L. II.

Localización:

Cuadrícula nº: 78.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal(A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 5-10-1954 (BOE/DOG nº 316).

Remate vixencia: 12-11-2004.

Actuais titulares: Gabriel Fernández Somoza e Encarnación Sánchez Mora (DNI/NIF: 33112119 e 33112318).

Nova titular: Manuela Fernández Sánchez (DNI/NIF: 33221695N).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar, no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compra venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 25 de maio de 2001.

P.D. (14-6-1999, DOG nº 120, del 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña