Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (335/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 10 de maio de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«1. Aprobar inicialmente de oficio, o proxecto de modificación da delimitación do polígono UE-2 do PERI do núcleo histórico de Ourense.

2. Manter como sistema de actuación para a xestión urbanística do polígono, o previsto no Plan Especial de Protección e Reforma Interior do núcleo histórico de Ourense, é dicir, o de expropiación.

3. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de vinte días mediante a publicación no DOG, no BOP e notificación persoal a tódolos propietarios afectados».

De conformidade co disposto no artigo 102, 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 24 de maio de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente