Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO de exposición do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Corcubión.

Rematados os traballos de elaboración do avance do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), no que se conteñen estratexias, directrices e obxectivos xerais do plan, e adoptado acordo polo Pleno Corporativo do Concello de Corcubión, en sesión ordinaria celebrada o día 3 de maio de 2001, polo que se toma coñecemento do seu contido e se procede á súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública dun mes, contado a partir do último anuncio publicado, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Os traballos poderán examinarse na Secretaría Municipal e Oficina Técnica, os días laborables, entre as 10 e as 13 horas, e estarán, igualmente expostos no salón de plenos da Casa do Concello.

Corcubión, 15 de maio de 2001.

Rafael Mouzo Lago

Alcalde-presidente