Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 14 de maio de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, sobre o permiso de investigación Catasol 7039.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña fai saber que Canteras de Richinol, S.L., con domicilio na rúa Areal, s/n, Lalín (Pontevedra), presentou nesta delegación provincial, o día 9 de novembro de 2000, instancia-solicitude do permiso de investigación Catasol, de 3 cuadrículas mineiras para os recursos da sección C, nos termos municipais de Melide e Santiso, da provincia da Coruña; correspóndelle o nº 7039 da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

1-8º 01' 20''42º 54' 00''

2-8º 01' 20''42º 53' 00''

3-8º 01' 00''42º 53' 00''

4-8º 01' 00''42º 54' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

A Coruña, 14 de maio de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña