Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.815

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2001 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios dos corpos superior de Administración (grupo A), de xestión de Administración (grupo B) e administrativo (grupo C) da Xunta de Galicia, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, polo sistema de promoción interna, así como ó nomeamento como funcionarios en prácticas, dos correspondentes corpos, dos aspirantes que superaron a fase de oposición polo sistema de acceso libre, dos procesos selectivos convocados polas ordes do 5 de xuño de 2000.

Rematada a fase de oposición dos procesos selectivos convocados polas ordes do 5 de xuño de 2000 (DOG nº 114 e 115, do 13 e 14 de xuño de 2000) para o ingreso nos corpos superior de Administración, de xestión de Administración e administrativo da Xunta de Galicia, mediante Resolución do 28 de maio de 2001 da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 105, do 21 de maio), pola que se elevan a definitivas as propostas de aspirantes que superaron a fase de oposición dos devanditos procesos selectivos e verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases das convocatorias.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases das respectivas convocatorias dos procesos selectivos,

DISPÓN:

Primeiro.

1. Nomear funcionarios dos corpos superior de Administración, de xestión de Administración e administrativo da Xunta de Galicia (grupos A, B e C), os aspirantes que superaron os procesos selectivos polo sistema de promoción interna que se relacionan no anexo I, ordenados, nos correspondentes corpos, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destinos definitivos, os que figuran no dito anexo, en función das opcións feitas por cada aspirante.

2. Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o parágrafo anterior deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da

Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

3. O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día 2 de xullo de 2001.

Segundo.

1. Nomear funcionarios en prácticas dos corpos superior de Administración, de xestión de Administración e administrativo da Xunta de Galicia (grupos A, B e C), os aspirantes provenientes da quenda de acceso libre que superaron a fase de oposición que se relacionan no anexo II, ordenados, nos correspondentes corpos, de acordo coa puntuación final obtida na fase de oposición, e con indicación dos destinos onde se desenvolverá a fase práctica, de aplicación de coñecementos, do curso selectivo.

2. O nomeamento terá efectos, segundo establece a base VI.4 das correspondentes convocatorias, desde o día 2 de xullo de 2001, data de inicio dos cursos selectivos, establecida na Resolución do 15 de xuño de 2001 da Escola Galega de Administración Pública (DOG nº 118, do 19 de xuño).

3. A situación xurídica dos aspirantes nomeados funcionarios en prácticas será a prevista nos artigos 16 e 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

4. As normas internas e de avaliación que regularán estes cursos selectivos son as establecidas pola Resolución do 15 de xuño de 2001 da Escola Galega de Administración Pública (DOG nº 118, do 19 de xuño), conforme determinou a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de xuño de 2001 (DOG nº 116, do 15 de xuño).

5. O tribunal, á vista da proposta motivada que lle formule o director do curso, declarará apto ou non apto os distintos aspirantes.

6. Os aspirantes que non superasen o curso selectivo poderán incorporarse ó inmediatamente posterior coa puntuación asignada ó ultimo dos participantes nel, obtida nas probas de oposición. De non superalo perderán tódolos seus dereitos para seren nomeados funcionarios de carreira.

Terceiro.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo establece a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Promoción interna

Funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A).

Apelidos e nomeDNIOpciónCódigo do postoDenominaciónConcelloCarácter

Álvarez Freijido, Luis Alberto32.786.319XurídicaEFC991000015001045X. Secc. de TesoureríaA CoruñaDefinitivo

Medina Gallego, Ángel Doroteo09.272.216XurídicaOTA991000027001025X. Secc. de FomentoLugoDefinitivo

Funcionarios do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B).

Apelidos e nomeDNICódigo do postoDenominaciónConcelloCarácter

Frutos Martínez, Ana Mª de33.248.981EFC060000215770019Xefe de NegociadoSantiago de CompostelaDefinitivo

Funcionarios do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C).

Apelidos e nomeDNICódigo do postoDenominaciónConcelloCarácter

Vega Vázquez, Encarnación33.276.735CUC040000015770001Secretario director xeralSantiago de CompostelaDefinitivo

Domínguez Fernández, Damián Xabier34.961.541AGC994040132260008Xefe de grupoFontefiz-ColesDefinitivo

Vaamonde Paradela, Eugenio Roberto34.726.849AGC992000032001021Xefe de grupoRivadaviaDefinitivo

ANEXO II

Acceso libre

Funcionarios en prácticas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A).

Apelidos e nomeDNINota finalOpciónConsellería

Vázquez Gestal, Juan José36.091.85538,060XurídicaFamilia e P. do Emprego, Muller e Xuventude

Pérez Pardo, Ana33.279.24536,960XurídicaCultura, Comunicación Social e Turismo

Varela Castro, Eduarda32.805.37636,220XurídicaFamilia e P. do Emprego, Muller e Xuventude

Álvarez Álvarez, Mónica36.118.57734,290XurídicaSanidade e Servicios Sociais

Casas González, María Dolores35.299.55134,160XurídicaIndustria e Comercio

Barreiro García, Ramón44.080.30833,970XurídicaEconomía e Facenda

González de la Ballina González, María35.322.80433,810XurídicaPesca, Marisqueo e Acuicultura

Valencia Vila, Pablo32.797.45532,700XurídicaMedio Ambiente

Toral Pazos, Santiago Nicolás32.763.22032,090XurídicaXustiza, Interior e Relacións Laborais

Vázquez Vila, Javier32.827.73832,080XurídicaXustiza, Interior e Relacións Laborais

Pais López, Ana35.311.38831,660XurídicaPolítica Territorial, Obras Públicas e Vivenda

González Costa, Ana María34.898.02230,140XurídicaSanidade e Servicios Sociais

Barca Sánchez, Natalia33.301.86529,880XurídicaAgricultura, Gandería e Polít. Agroalimentaria

Domínguez Varela, José Antonio44.807.29429,810XurídicaPresidencia e Administración Pública

Pérez Fernández, María Inmaculada33.281.25529,700XurídicaSanidade e Servicios Sociais

Asenjo Gil, Dolores27.535.87328,730XurídicaIndustria e Comercio

Chas de la Calle, María32.814.88928,700XurídicaPolítica Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Blanco Aragón, Cristina51.395.45827,920XurídicaEducación e Ordenación Universitaria

Apelidos e nomeDNINota finalDestino

Funcionarios en prácticas do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B).

Apelidos e nomeDNINota finalDestino

Rodríguez Franco, Patricia79.325.22637,610Educación e Ordenación

Universitaria

Vázquez Romero, Susana María32.805.91733,720Industria e Comercio

Gutiérrez Tosar, María Jesús76.861.70931,430Cultura, Comunicación

Social e Turismo

Brea Froiz, María Teresa76.809.84229,680Pesca, Marisqueo e

Acuicultura

Cotelo Rey, María del Carmen 33.239.64728,540Sanidade e Servicios

Sociais

Funcionarios en prácticas do corpo de administrativo da Xunta de Galicia (grupo C).

Apelidos e nomeDNINota finalDestino

Losada Cruz, Margarita32.666.33039,060Economía e Facenda

Tourón Torrado, María Rita36.059.05438,050Presidencia e Administración Pública

Cancela Pereiro, María Natividad33.289.92637,680Agricultura, Gandería e

Política Agroalimentaria