Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.814

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, de conformidade co establecido na Resolución de 26 de xaneiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 9 de febreiro).

Finalizado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 26 de xaneiro de 2001 (DOG nº 29, do 26 de xaneiro), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo regulados no artigo 12c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e á vista das solicitudes presentadas para a categoría 14 (xefe/a de cociña), 65 (oficial 1ª de cociña// oficial 1º cociñeiro e outros) do grupo III e a categoría 5 (oficial 2ª de cociña//cociñeiro oficial 2ª) do grupo IV e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección para a cobertura de postos reservados a persoal laboral, na sesión do día 20 de xuño de 2001, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos

de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo correspondentes ás categorías 14 (xefe/a de cociña), 65 (oficial 1ª cociña // oficial 1ª cociñeiro e outros) do grupo III, e a categoría 5 (oficial 2ª cociña // cociñeiro oficial 2ª) do grupo IV; as ditas listas están expostas da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación provisional.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Atención e Información o Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte o da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que serán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección do Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse para o efecto as emendas procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B) estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas provisionais, remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante de aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo III: 5810 pesetas.

Grupo IV: 4845 pesetas.

Estarán exentos do pagamento desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% con xustificación documental.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública