Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.813

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de xuño de 2001 pola que se procede á execución da sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 17 de xaneiro de 2001 e se dispón a publicación dunha aspirante que debe incluírse na relación de admitidos das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, do corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), lista A2.

De conformidade e en execución do disposto na resolución da sentencia dictada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 17 de xaneiro de 2001, polo que se estima o recurso contencioso-administrativo tramitado polo procedemento abreviado nº 824/1999, interposto por Adelaida Sueiro Costa, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Incluír na relación de admitidos das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), lista A2, a persoa da que a continuación se sinalan os seus datos:

Apelido I: Sueiro.

Apelido II: Costa.

Nome: Adelaida.

DNI: 32.742.631.

Nota I: 12,12.

Nota II: 19.

Total: 31,12.

Ámbito: A Coruña.

Nº de orde: 65.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta inclusión non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Segundo.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública