Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito en Lugo, para dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 312/2000, do 28 de decembro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio que hai que satisfacer xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Medio Ambiente, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito na rúa Benigno Rivera nº 62-A, do polígono do Ceao, de Lugo, para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2001.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda