En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 312/2000, do 28 de decembro,
RESOLVO:
Facer público que, por razón das necesidades do servicio que hai que satisfacer e das limitacións do mercado inmobiliario xustifícase, logo da fisca
lización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito na rúa Gregorio Espino nº 52, baixo e entreplanta, de Vigo (Pontevedra), para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda