Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, na sesión ordinaria do 14 de xuño de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do sector A 2 de San Cibrao das Viñas, redactado polo arquitecto Miguel Pérez Moreiras e cun orzamento de execución material que ascende á cantidade de 105.436.393 pesetas, condicionado ó cumprimento na execución das obras das condicións impostas polo técnico municipal no seu informe do 13 de xuño de 2001 e á consignación da garantía por importe de 6.326.184 pesetas para responder da execución das obras.

Segundo.-Continua-lo procedemento establecido na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

De conformidade co disposto no artio 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

San Cibrao das Viñas, 18 de xuño de 2001.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa