Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

EDICTO.

De conformidade co acordo da Comisión de Goberno, con data do 18 de maio de 2001, anúnciase concurso polo procedemento aberto para adxudica-la obra seguinte:

1. Obxecto do contrato:

Obra: rede de sumidoiros en Taboexa e Sta. Eulalia, incluída no POL 2001.

Prezo máximo de licitación: 18.612.984 pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

A obra realizarase conforme o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas ó dispor dos interesados na secretaría do concello.

2. Garantías:

Provisoria: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento de contrato.

3. Presentación de proposicións e documentación complementaria:

As propostas admitiranse a partir do día en que se remita ó BOP e ó Diario Oficial de Galicia o anuncio correspondente, ata pasados 26 días naturais despois da publicación do último anuncio correspondente.

4. Modelo de proposición:

O contido no prego de cláusulas.

Documentación complementaria: a sinalada no prego (e no R.D. lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data e hora na que fixo o envío e comunicalo ó concello mediante fax ou telegrama, dentro da data e hora fixados como prazo de presentación.

5. Criterios da selección:

Os sinalados no artigo 15 do prego de condicións.

6. Apertura de plicas:

No salón de sesións do concello, o seguinte día hábil ó do remate da presentación de proposicións, ás 13 horas, agás que o día citado fose sábado, en que quedará demorada ó primeiro día hábil posterior.

7. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

8. Exposición do prego de cláusulas administrativas:

Durante o prazo dos oito días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

As Neves, 24 de maio de 2001.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde-presidente