Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Lalín, por delegación do Concello Pleno, na súa sesión ordinaria do 15 de maio de 2001, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da Serra do Lamego, de iniciativa municipal, e redactado polo arquitecto Javier Bugallo Thielen.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde a inserción deste anuncio no DOG, para que os interesados poidan examinalo e para presentaren, se é o caso, as alegacións que consideren convenientes.

Lalín, 25 de maio de 2001.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde-presidente