Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación extractado.

O Concello de Cervo ten aberto proceso de licitación para contrata-los seguintes servicios:

Servicio de limpeza das instalacións do Club Riocobo cedidas a este concello.

Tipo de licitación: 840.000 pesetas/ano (IVE incluído) (5.048,5 euros).

O anuncio de licitación, no modelo normalizado, publicarase no BOP de Lugo, data a partir da cal comezará a computa-lo prazo para presentar propostas. O prazo é de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do respectivo anuncio de licitación no BOP de Lugo.

En calquera caso, para maior información: telf.: 982 55 77 77, Concello de Cervo (Lugo).

Cervo, 23 de maio de 2001.

José Insua Pernas

Alcalde