Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2001 referente á corrección de erros na convocatoria para a provisión dunha praza de cabo da policía local.

Advertido un erro nas bases da convocatoria específica para a provisión en propiedade, mediante concurso por promoción interna, dunha praza vacante de cabo da policía local, pertencente á escala de Administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, publicada no BOP da Coruña número 27, do 2 de febreiro de 2001, anunciadas no BOE do 26 de febreiro e no DOG do 2 de marzo de 2001, relativo á valoración de cursos de formación e perfeccionamento, a rectificación pertinente foi publicada no BOP número 131, do 9 de xuño de 2001.

Os interesados afectados polo erro na publicación disporán dun prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado para a súa corrección.

Cambre, 5 de xuño de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde