Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Ourense-Ribadavia-A Cañiza-O Porriño-Vigo, con anexos, V-7064; XG-438.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) entre Ourense e o CUVI dentro da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7064; XG-438, Ourense-Ribadavia-A Cañiza-O Porriño-Vigo, con anexos, da titularidade da empresa Auto Industrial, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente nos Servicios Provinciais de Transportes de Ourense (Curros Enríquez, 1, entlo.) e Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes