Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Penas Blanco, José Luis e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de naturaleza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 23 de maio de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Penas Blanco, José Luis

DNI: 32.301.768

Médico Rodríguez, 13-5º A

A Coruña

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 12437/91. Devolución 43/2001

Promociones Plaza Llorones, S.L.

CIF: B36785830

Escultor Nogueira, 7

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 12711/98. Devolución 343/1998

InteresadoProcedemento

Viacar Vía Comercial Automóviles

CIF: A36626208

Avda. de Madrid, 22

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 6274/96. Devolución 55/2001

Vidal Piñeiro, Ricardo

DNI: 36.022.895

Anselle de Abaixo-Reboreda

Redondela

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte. S-296/95. Devolución 125/2000