Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

Aprobados os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares que rexen o concurso para a adquisición do solo con destino á construcción dun centro de saúde, por medio do presente expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles para efectos de exame en reclamacións, se é o caso. Simultaneamente convócase licitación.

Obxecto: adquisición por compra venda de solo cunha superficie mínima de 3.000 metros cadrados e con destino a construcción dun centro de saúde.

Prazo de presentación de ofertas: quince días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: presentarase nas oficinas munciipais, rexistro xeral. Praza de Galicia, 1, Monterroso.

Sobre A, titulado Oferta económica, segundo o modelo que se establece no prego de condicións, base VIII.2.

Sobre B, titulado Documentación, conterá necesariamente a que se establece na base VIII.2 do prego.

Apertura de plicas: o quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Criterios de adxudicación: os que se establecen na base III do prego.

Prezo e forma de pagamento: os que se sinalan na base II e V do prego.

Monterroso, 14 de maio de 2001.

Antonio Gato Soengas

Alcalde-presidente