Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 2 de maio de 2001, adoptou o acordo de presta-la súa aprobación ó prego de condicións económico-administrativas que rexerán na contratación, mediante tramitación urxente e por concurso aberto, da obra que se indica no punto dous, expoñéndose ó público polo prazo dos oito días seguintes á última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Simultaneamente anúnciase concurso para a presentación de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións en relación co dito prego.

1. Entidade adxudicadora: Comisión de Goberno do concello.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución: pavimentación da estrada na N-VI a Mariz, por Santa Mariña (tramo parroquia de Santa Mariña) e acceso nas Mámoas. Catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento de licitación e criterios de selección: 12.123.349 pesetas. Os consignados no prego de condicións.

5. Garantías:

Provisional: 242.467 pesetas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Guitiriz, Secretaría. Rúa Xeneral Franco, 4. Teléfono e fax: 982 37 01 09. Ata o día anterior a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego.

8. Presentación de ofertas: prazo de trece días, excluídos sábados, seguintes á última publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello, de nove a catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas: tres meses contados desde o día de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas: primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, non coincidente con sábado, ás 13.15 horas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Guitiriz, 24 de maio de 2001.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa