Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/64-2, 5165 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. enlaces C.T.S. en Becerreá (Becerreá).

Situación: Becerreá.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea C.T. Anovello-C.T. grupo escolar (tramo 1-8) de 270 m a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V. L.M.T. subterránea C.T grupo escolar-C.T. centro (tramo 6-13) de 454 m a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V. L.M.T. subterránea C.T.-C.T. estrada de Navia (tramo 13-24) de 322 m a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V. L.M.T. subterránea C.T. estrada de Navia-C.T de repartición (tramo 22-26) de 298 m a 20 kV baixo tubo en conductor R.H.V. Acondicionamento dos C.T. Anovello, C.T. grupo escolar, C.T. estrada de Navia e C.T. centro de repartición para acolle-las L.M.T.S. subterráneas proxectadas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

Lugo, 7 de maio de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo