Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 18 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio ambiental do parque eólico de Pena da Cruz, o proxecto de execución das instalacións que comprende, o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do dito parque eólico que se vai desenvolver nos concellos de Castro Caldelas e Chandrexa de Queixa. (Expediente IN661A 00/6-3 A.T.).

Advertido erro na dita resolución, publicada no DOG nº 95, do venres, 18 de maio de 2001, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 6.693, columna esquerda, onde di: «Punto 1 (631.000, 4.687.000)», debe dicir: «Punto 1 (631.000, 4.687.900)».