Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de maio de 2001, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01735-O-2000 e dous máis).

Pola presente cédula, notifícanselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos

que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase o seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13-1 (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e lles sirva de notificación ós/ás denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, citada anteriormente, expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 10 de maio de 2001.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-01735-O-2000

OR-5021-T

G.C. Tráfico

Sillanor, S.L.

As Airas Moreiras, s/n, 32930 Toén (Ourense)

Non realiza-lo visado da autorización no prazo determinado pola Administración. Servicio privado complementario.

13-6-2000; 16.45; N-525; 286

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199025.000 pesetas
PO-02158-O-2000

PO-8051-BS

G.C. Tráfico

Francisco Javier Blanco Gaspar

Bertola Ramalleira, 1, 36140 Vilaboa (Pontevedra)

Circular transportando un frigorífico carecendo da autorización de transportes. Servicio privado complementario.

9-8-2000; 10.20; CP-2205; 7

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199025.000 pesetas
PO-02280-O-2000

PO-3475-AF

G.C. Tráfico

Const. Videira, S.L.

Cabral Penis, 41 baixo

36215 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando area de Caldelas de Tui a Vigo sen levar distintivos de raio de acción da autorización de transportes. Servicio privado complementario.

15-9-2000; 9.10; N-550; 164

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/199015.000 pesetas