Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para a adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia para a redacción do proxecto básico dun centro-escola hípico en Vilamarín.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante concurso público, da adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia para a redacción do proxecto básico dun centro-escola hípico en Vilamarín, en procedemento aberto. As ofertas e documentación presentaranse en días e horas de oficina durante o prazo dos 30 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense, ata as 13 horas. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 16 de xuño de 2001.

O presidente

Rubricado