Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 4 de xuño do ano que andamos, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de instalación de luz pública en Covas.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: dezasete millóns setecentas sesenta e tres mil oitocentas oitenta e sete (17.763.887) pesetas, (355.278 euros), de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material: 12.498.929.

Gastos xerais: 1.624.861.

Beneficio industrial: 749.936.

Honorarios de redacción: 439.970.

IVE: 2.450.191.

4. Garantías.

a) Provisional: trescentas cincuenta e cinco mil duascentas setenta e oito (355.278) pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, en horario das 8 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día décimo terceiro coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono 982 56 20 47, das 8 ás 15 horas. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 6 de xuño de 2001.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental