Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOBRADO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Sobrado anuncia concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para adxudica-la obra de saneamento de travesía de Lagoa e ramal a Carreira, incluída no Plan Provincial de Obras e Servicios 2001.

Tipo de licitación: 17.500.000 pesetas.

Fianzas: provisional no se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, segundo resulte.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil natural seguinte ó da conclusión do prazo de presentación de proposicións, agás que coincidise en sábado, caso no que se trasladará ó seguinte hábil.

Pregos de cláusulas administrativas: os aprobados pola Deputación Provincial da Coruña, publicados no BOP nº 78, do 4 de abril de 2001.

Modelo de proposición e documentación: axustarase ó que figura no prego mencionado.

Gastos de publicidade: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Sobrado, 21 de maio de 2001.

Jacobo Fernández García

Alcalde