1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.
c) Número de expediente: 136/2001.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: mantemento e conservación das vías públicas municipais.
b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.
c) Prazo de execución: tendo en conta as características específicas e a índole dos traballos que se van realizar, non é posible determina-lo prazo fixo máximo de execución; deben ser rematadas, en calquera caso, dentro deste ano.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 100.000.000 de pesetas (601.012,10 euros), incluído IVE. A mellora realizarase mediante baixas respecto ós cadros de prezos unitarios e descompostos que se inclúen no referido proxecto.
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentos e información.
Documentación: Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, 19-21. 15706 Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85.
Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación). Pr. Obradoiro, 1. 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.
Data límite de obtención de documentos e información: 26 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: (grupos, subgrupos e categoría): A.1.d; A.2.d; C.4.d; C.5.d; C.6.d; G.6.d.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP e no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 12 do prego de condicións administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).
2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1 (Pavillón da Trindade).
3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (Secretaría). Praza do Obradoiro, 1. 15705 Santiago de Compostela.
b) Data: segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 15.3.3. do prego de condicións.
Así mesmo, exponse ó público o prego que rexe a licitación, durante o prazo de 8 días, no Negociado de Contratación, para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986.
11. Gastos de anuncios: pro conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.
P.D.
Luís Toxo Ramallo
Tenente de alcalde