Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO de contratación.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria-urxente que tivo lugar o 8-6-2001, o expediente de contratación, mediante concurso e procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de urbanización do contorno da Casa da Cultura, incluídas no Plan provincial de obras e servicios de 2001, faise público o seguinte cadro de características para efectos de presentación de proposicións.

Cadro de características do contrato:

1. Proxecto: urbanización do contorno da Casa da Cultura de Corcubión.

2. Orzamento obra anual: 28.337.483 pesetas, IVE incluído (170.311,70 euros).

3. Aplicación orzamentaria: 01-451.62200.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. Clasificación: grupo C; subgrupo todos; categoría c.

6. Lugar de presentación de ofertas: rexistro xeral do Concello de Corcubión, das 9 ás 13 horas.

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da data de publicación do último anuncio publicado.

7. Bis. Apertura de plicas: ás 13 horas do 2º día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións (agás que ese día coincidise en sábado ou domingo, caso no que se constituiría o seguinte día hábil), no salón de sesións da casa do concello.

8. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación (566.750 pesetas).

9. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Taxas do contrato.

-Por constitución de fianza provisional: 1.020 pesetas.

-Por devolución da fianza provisional: 1.020 pesetas.

-Por constitución de fianza definitiva: 1.020 pesetas.

-Pola devolución da fianza definitiva: 1.020 pesetas.

-Pola formalización do contrato administrativo: 30.600 pesetas.

-Pola certificación de obra: 4% do orzamento.

-Pola recepción da obra: 15.300 pesetas.

11. Revisión de prezos: non procede.

12. Control de calidade: por conta do contratista ata un máximo do 1% do orzamento de contrata (IVE incluído): 283.374 pesetas.

Outros datos:

Información: teléfono 981 74 54 00.

Lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego: Secretaría do Concello de Corcubión.

Corcubión, 11 de xuño de 2001.

Rafael Xosé Mouzo Lago

Alcalde-presidente