Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO estractado de licitación.

O Concello de Cervo ten aberto proceso de licitación para contrata-las seguintes obras e servicios:

Pavimentación de beirarrúas nas rúas Rosalía de Castro e Asturias de San Cibrao, segundo o proxecto técnico aprobado polo Concello de Cervo no Pleno da sesión de data 5 de abril de 2000.

Total tipo de licitación: 6.800.000 pesetas (40.868,82 euros), IVE e demais impostos incluídos.

O anuncio de licitación no modelo normalizado publicarase no BOP de Lugo, data a partir da cal comezará a computa-lo prazo para presenta-las propostas. O prazo é de 13 días naturais contados desde o seguinte á publicación do respectivo anuncio de licitación no BOP de Lugo.

En cualquera caso, para maior información: teléfono 982 55 77 77, Concello de Cervo (Lugo).

Cervo, 21 de maio de 2001.

José Insua Pernas

Alcalde