Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador PO-I-00/331.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 2091-0388-90-3110001181 da Caixa Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación, conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) e unha vez producida a firmeza desta resolución -firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer

recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 22 de maio de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: PO-I-00/331.-Denunciado: Miguel Jiménez Jiménez.-Último enderezo coñecido: Ecuador, 9. 15140 Meicende.-Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.-Precepto infrinxido: artículo 137 e) do regulamento da LIF.-Precepto sancionador: artículo 139 e) do regulamento da LIF.-Sanción: 50.000 pesetas.