Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.549

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-172/2000, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro; DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes, contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado pro

cederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo; Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

ANEXO

-Expediente nº: P-172/2000.

Denunciado: Manuel González Fernández.

DNI: 10.038.987.

Enderezo: Robles de Laciana. Villablino.León.

Feito denunciado: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente, ó capturar 9 troitas de tamaño inferior ó regulamentario (2-18 cm; 5-15 cm; 1-14 cm; 1-13,6 cm). Feitos constatados o día 11-8-2000 no río Ibias-Negueira de Muñiz-A Fonsagrada. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.

Indemnización por danos e perdas de: 13.000 pesetas.

Lugo 16 de maio de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo