Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32032 Ourense.
Denominación: recuamento A Beronzá.
Situación: Ribadavia.
Descricións técnicas: canalización da L.M.T. a 20 kV existente na rúa da Beronzá, en conductor R.H.Z. 12/20 kV, de 410 m de lonxitude, coa orixe na L.M.T. Castrelo-Albarellos de dobre circuíto e remata na L.M.T. Castrelo-Albarellos de circuíto simple.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;
tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 10 de maio de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense