Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión de explotación derivada de permiso de investigación denominada Godos 2662.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria de data 31-1-2001, otorgouse a Hormigones Valle Miñor, S.A., a concesión de explotación derivada de permiso de investigación nomeada Godos nº 2662, de dúas cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Caldas de Reis, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 42' 40''42º 36' 00''

28º 42' 20''42º 36' 00''

38º 42' 20''42º 35' 20''

48º 42' 40''42º 35' 20''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 9 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra