Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.528

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4457/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto pola procuradora María Ángeles Fernández Rodríguez, en nome e representación do Concello de Muíños contra o Decreto 51/2001, do 22-2-2001, do Consello da Xunta de Galicia, (DOG nº 49, do 9 de marzo), polo que se resolve a cuestión suscitada entre os concellos de Calvos de Randín e Muíños, sobre o deslindamento dos seus termos municipais.

Recurso número: 02/0004457/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen

con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 16 de maio de 2001.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente