Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.528

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2001 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comunicación, a Francisco Javier Vaz Guerrero (praza 1648/1999).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 4 de maio de 1999 (BOE do 29 de maio) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comunicación, a Francisco Javier Vaz Guerrero, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Javier Vaz Guerrero, profesor titular de universidade da área de coñecemento de comunicación audiovisual e publicidade, do departamento de Ciencias da Comunicación, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2001.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela