Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.513

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 21 de maio de 2001 pola que se declara de interese galego a Fundación para la Investigación, Desarrollo e Innovación del Complejo Hospitalario Universitario de Santiago, Idichús, e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Advertidos erros no texto en galego na devandita orde, publicada no DOG nº 104, do mércores 30 de maio de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 7.210 no título da orde, no parágrafo primeiro da parte expositiva e nos puntos primeiro e segundo da parte dispositiva, onde di: «Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela», debe dicir: «Fundación para la Investigación, Desarrollo e Innovación del Complejo Hospitalario Universitario de Santiago».