Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (357/2001).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 1 de xuño de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno acordou, por vinteún votos a favor e seis votos en contra, aprobar definitivamente o estudio de detalle para a reordenación de accesos ó equipamento comercial Ucosa, por pedimento de Aser Óscar Sánchez Ruido».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 14 de xuño de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente