Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (65/2001).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 1 de xuño de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno, por quince votos a favor e doce votos en contra, acordou:

1. Aprobar inicialmente, por pedimento de Juan Carlos Cabanelas Rodríguez, en representación de Xestur Ourense, a modificación puntual do PERI do núcleo histórico na zona 12, unidade de execución 4, entre as rúas Xulio Prieto, Coenca e Pena Trevinca.

2. Somete-lo expediente ó período de información pública por un prazo mínimo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun dos xornais de maior circulación na provincia, e notificación persoal ós interesados».

O dito expediente atópase no Negociado de Planeamento e Xestión Urbanística para, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, sometelo a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Ourense, 13 de xuño de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente