Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de maio de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (4/2001 e dous máis).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

-Expediente número: 4/2001.

Denominación: monte de Támoga.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Támoga.

Concello: Cospeito.

Superficie: 18 hectáreas.

Estremas:

Norte e oeste: predios particulares. Leste: monte Lagoa da parroquia de Pino. Sur: monte da parroquia de Arcillá.

Descrición do perímetro: os únicos límites salientables no perímetro deste monte da parroquia de Támoga son, polo leste divide co monte Lagoa da parroquia de Pino, subindo por unha liña de marcos cara ó sueste ata Madorra da Rita. Polo sur divide co monte da parroquia de Arcillá, segundo o camiño de Pumares subindo cara ó leste ata Madorra da Rita.

-Expediente número: 5/2001.

Denominación: monte de Vilar.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Vilar.

Concello: Cospeito.

Superficie: 11 hectáreas.

Estremas: os do conxunto das dúas parcelas, co río Miño no medio, son:

Norte, leste e oeste: predios particulares. Sur: termo municipal de Castro de Rei.

Descrición do perímetro: os únicos límites salientables no perímetro destes montes da parroquia de Vilar son os que están atravesados de norte a sur polo río Miño, e polo sur, o termo municipal de Castro de Rei.

-Expediente número: 18/2001.

Denominación: monte de Piñeira.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Piñeira.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 31 hectáreas.

Estremas:

Norte: estrada N-120 de Monforte de Lemos a Ourense, e predios particulares. Leste: estrada local que conduce ó polígono industrial e predios particulares. Sur: predios particulares. Oeste: camiño, Rego de Carballo e predios particulares.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 28 de marzo de 2001 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistilos en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 10 de maio de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo