Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 2 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 9 de abril de 2001, de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 00/3918-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1º Expedientes de procedemento: FM 342B 2000/3918-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Revestimientos Galicia, S.L.

Enderezo: avda. Florida 46, 36210 Vigo.

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 13-3-2000 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data 9 de abril de 2001.

Parte dispositiva da resolución:

«Acorda:

Primeiro.-Concederlle a Revestimientos Galicia, S.L. as axudas e subvencións pola contratación indefinida dun traballador na contía seguinte:

Axuda pola contratación indefinida inicial dun traballador, por un importe total de 300.000 pesetas.

Segundo.-Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base novena do anexo B da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó desta notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seg. Social.

-Certificados de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvención solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-Alta no imposto de actividades económicas.

-TC1 e 2, dos meses seguintes: xaneiro/2001, xaneiro/2000, maio/2000 e setembro/2000 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).

Terceiro.-Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas na base décima do anexo B da orde reguladora, así como a revogación e o reintegro da subvención no caso de incumprimento, previstos no artigo 11 da citada orde.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular, ó abeiro do artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), recurso potestativo de reposición ante esta delegación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta notificación, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da devandita notificación, de conformidade co artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo (BOE do 14 de xullo), reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 9 de abril de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 2 de maio de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra