Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C. Seccionamiento Atalaia.
Situación: Poio.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 33 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. ó C.T. existente Boa Vista III (A Caeira) ata o centro de seccionamiento proxectado en Atalaia-A Caeira, concello de Poio, rematando no punto de inicio da liña. Centro de seccionamiento con 3 liñas de manobra exterior.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 2 de maio de 2001.
P.D. (Resolución 26-4-2001)
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra