Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a contratación do servicio de almacenamento, xestión de expedicións e distribución con entrega en destino do material adquirido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o equipamento dos centros docentes dependentes dela. (Expediente 1/2001SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 1/2001SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: almacenamento, xestión de expedicións e distribución con entrega en destino do material adquirido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o equipamento dos centros docentes dependentes dela.

b) Lugar de execución: almacén da consellería, sito no polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra).

c) Prazo de execución: 2 anos desde a sinatura do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 144.800.000 pesetas (870.265,53 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=449.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 23 de xullo de 2001, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Domicilio: San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 27 de xullo de 2001, a partir das 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2001.

P.D. (Orde 21-5-2001)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria