Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de maio de 2001, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02765-O-2000 e dous máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 10 de maio de 2001.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-02765-O-2000

PO-8274-AD

G.C. de Tráfico

Vázquez Rodríguez, José Isidro

Castrelos, 196, 6º 36210 Vigo

(Pontevedra)

Consenti-la utilización da autorización de transporte a outro usuario que non garda ningunha relación co seu titular. O conductor do vehículo realiza un transporte de ferramentas e material de cantería carecendo de autorización. Presenta distintivos de ámbito nacional e clase privada. Permiso de circulación a nome de José Isidro Vázquez Rodríguez de Ponteareas. Inspección técnica caducada o 3-3-2000. Servicio privado

8-11-2000; 9; PO-412; 13

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do Real decreto 1211/1990.25.000 ptas.

PO-03181-O-2000

PO-1073-AN

G.C. de Tráfico

VT Carpintería de Aluminio, S.L.

Mos-Puxeiros, s/n Mos-Pontevedra

Realizar un transporte propio da empresa (cristais), carecendo de tarxeta de transportes. Non porta ningún distintivo

2-12-2000; 13.15; N-120; 648,800

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do Real decreto 1211/1990.25.000 ptas.

PO-03224-O-2000

PO-4811-AZ

G.C. de Tráfico

Exclusivas Joyma, S.L.

Camoeiras, Pereiras, 68

36419 Mos (Pontevedra)

Circular transportando material de reloxería en paquetes carecendo de autorización de transportes. Servicio privado complementario

22-12-2000; 19.40; PO-1009; 16

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do Real decreto 1211/1990.25.000 ptas.