Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 22 de xuño de 2001 Páx. 8.454

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2001, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, 13 postos de traballo do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías convocadas pola Orde do 12 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de septembro), pola que se anuncian a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.

En sesión do día 20 de xuño de 2001 o tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, trece postos de traballo do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías, convocadas pola Orde do 12 de setembro de 2000, acordou, de conformidade co disposto na base terceira da convocatoria que o segundo exercicio terá lugar o día 25 de xuño de 2001 ás 16.30 horas na aula nº 17 da Escola Galega de Administración Pública, sita no Polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, en chamamento único, abríndose as portas o lugar de acceso ás 16.15 horas.

Os aspirantes irán provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, bolígrafo ou pluma estilográfica

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2001.

Álvaro M. Rodríguez Carballo

Presidente do tribunal